Premio da AEPD á formación, educación e concienciación en protección de datos 2025
A Axencia Española de Protección de Datos convoca o Premio 2025 dirixido a recoñecer iniciativas innovadoras que impulsen o coñecemento e exercicio do dereito fundamental á protección de datos en ámbitos educativos e sociais.
Requisitos
-
Modalidade A: centros educativos, docentes, comunidades de aprendizaxe, universidades, asociacións de estudantes ou de profesorado.
-
Modalidade B: grupos de investigación, organizacións, asociacións, plataformas ou persoas investigadoras que desenvolvan iniciativas de formación e cultura de privacidade.
Solicitudes
As solicitudes deben presentarse conforme ás bases publicadas na web da AEPD e seguindo o procedemento establecido.
Prazo
O prazo para presentar os traballos está aberto desde o día seguinte á publicación no BOE e remata o 31 de xaneiro de 2026.
Máis información
web da AEPD




Comments