Ir o contido principal
vivienda

INORDE convoca o concurso para o alugueiro de tres vivendas rehabilitadas na contorna da estación de Vilavella (A Mezquita - Ourense))

O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), organismo autónomo da Deputación de Ourense, vén de aprobar, na sesión da súa Comisión Executiva do 7 de novembro de 2025, as bases reguladoras e a convocatoria do concurso para a adxudicación en réxime de alugueiro de tres vivendas unifamiliares rehabilitadas ao abeiro do proxecto Estacións, financiado con fondos FEDER da Unión Europea.

As vivendas —nº 1, nº 3 e nº 8— están situadas na contorna da estación de ferrocarril de Vilavella, no termo municipal da Mezquita, e teñen por obxecto o seu subarrendamento conforme ás condicións establecidas na convocatoria.

As bases íntegras poden consultarse no perfil do contratante da Presidencia do Inorde, dispoñible na Plataforma de Contratación do Sector Público, así como na páxina web do organismo (www.inorde.com) e no anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Principais condicións da convocatoria

  • Duración: contratos de un (1) ano, prorrogables obrigatoriamente por períodos anuais segundo o previsto nas bases.

  • Renda mensual: 150 € (impostos incluídos).

  • Requisitos: poderán participar todas as persoas naturais, españolas ou estranxeiras, con plena capacidade de obrar, que non incorran nas prohibicións para contratar do artigo 71 da LCSP e cumpran os requisitos contemplados na convocatoria.

Presentación de solicitudes
O prazo será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP de Ourense.

Os trámites poden facerse:
a) Presencialmente, no Rexistro Xeral do Inorde (de 9:00 a 14:00 h en días hábiles).
b) Electronicamente, a través do Rexistro Electrónico da Deputación de Ourense (www.sede.depourense.es), empregando o trámite “solicitude de propósito xeral”.
c) Por Correos, conforme ao artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, podendo anunciar o envío no correo electrónico inorde@inorde.com.

Comments