O Concello de Montederramo abre o prazo para a provisión do cargo de xuíz/a de paz substituto/a
O Concello de Montederramo vén de anunciar a convocatoria para a provisión do cargo de xuíz/a de paz substituto/a, de acordo co establecido no artigo 101 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e no artigo 5 do Regulamento 3/1995, do 17 de xuño, dos xuíces de paz. A través da Providencia da Alcaldía 2025-0055, de data 14 de novembro de 2025, iniciouse oficialmente o expediente de selección.
Obxecto da convocatoria
A finalidade deste proceso é cubrir o cargo de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Montederramo.
Requisitos das persoas aspirantes
As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
-
Posuír a nacionalidade española.
-
Ser maior de idade.
-
Non estar incursas en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade recollidas nos artigos 303 e 389 a 397 da Lei orgánica 6/1985, así como no artigo 14 do Regulamento 3/1995.
Presentación de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes será de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.
As instancias poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Montederramo ou a través de calquera das vías previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación a achegar
Xunto coa solicitude deberá presentarse:
-
Fotocopia do DNI.
-
Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria segundo a Lei 68/1980.
-
Declaración persoal de non estar incurso/a nas causas de incapacidade e incompatibilidade previstas na normativa vixente.
-
Documentación acreditativa dos méritos alegados, se os houbese.
A elección da persoa designada corresponderalle ao Pleno da Corporación, que valorará as solicitudes presentadas. Se non se recibisen candidaturas, o Pleno poderá proceder á elección libre.
O Concello publica esta convocatoria para o coñecemento xeral das persoas interesadas.




Comments