Ir o contido principal
entidades

Convocatoria de subvencións para entidades sen ánimo de lucro do Concello de Abegondo

O Concello de Abegondo publica a convocatoria de subvencións destinadas ás entidades sen ánimo de lucro do municipio para a anualidade 2025, conforme ao extracto inserido na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS 869315).

Requisitos das entidades beneficiarias

  • Poden solicitar as axudas as asociacións rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Abegondo.

  • Inclúense entidades deportivas, veciñais, culturais, educativas, ANPAS, clubs deportivos e comisións de festas das parroquias.

Obxecto da convocatoria

As subvencións concederanse en réxime de concorrencia competitiva nas seguintes modalidades:

  1. Actividades e equipacións realizadas polas entidades durante o ano 2025 e que se correspondan cos seus fins estatutarios.

  2. Celebración de festas patronais das parroquias do municipio, entendéndose como tales as do día do patrón.

Cuantía das axudas

  • Asociacións: 11.000 € (aplicación 334.48002)

  • Entidades deportivas: 2.500 € (aplicación 341.48000)

  • Festas patronais: 6.000 € (aplicación 338.48001)

Solicitudes e prazo

  • O prazo para presentar solicitudes e xustificacións está aberto ata o 15 de decembro de 2025.

  • O cómputo iníciase o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información

BOP 

Comments