O Concello de Rois abre a convocatoria de subvencións para asociacións culturais, deportivas, veciñais, educativas e de reinserción social para 2025
O Concello de Rois vén de publicar no BOP da Coruña a Convocatoria de subvencións 2025 dirixida a asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades culturais, deportivas, veciñais, educativas ou destinadas á reinserción social. A convocatoria tramítase en réxime de concorrencia competitiva e o seu texto íntegro pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS: 869637).
Obxecto da convocatoria
As axudas teñen como finalidade apoiar aquelas iniciativas que complementen ou suplan competencias municipais e contribúan ao fomento dos intereses da veciñanza. As actividades deben estar relacionadas co ámbito cultural, deportivo, social, educativo ou de reinserción social.
Entidades beneficiarias
Poderán solicitar estas axudas as asociacións que cumpran os seguintes requisitos:
-
Estar ao corrente das obrigas tributarias co Concello de Rois e ter xustificadas as subvencións doutros anos.
-
Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
-
Non atoparse nalgunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán formalizarse mediante o modelo do Anexo I, dirixido á Alcaldía, podendo presentarse:
-
No Rexistro Electrónico Xeral do Concello.
-
Polos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común.
Prazos
-
Presentación de solicitudes: 15 días naturais desde o seguinte ao da publicación das bases no BOP.
-
Subsanación: Se a documentación está incompleta, disporase de 3 días para achegar o que falte. A non presentación implicará a perda do dereito á subvención.
O Concello poderá solicitar documentación adicional en calquera momento para garantir o cumprimento dos requisitos.
Criterios de valoración
A comisión avaliadora terá en conta, entre outros aspectos:
-
Destino das actividades á poboación de Rois.
-
Interese sociocultural, continuidade e estabilidade.
-
Adecuación do orzamento.
-
Número de socios e persoas destinatarias.
-
Participación de persoas con discapacidade.
-
Interese local e beneficios ambientais.
-
Fomento do galego e colaboración con actividades municipais, parroquiais ou veciñais.
Resolución
A resolución da convocatoria será adoptada segundo o importe da subvención:
-
Ata 3.005,06 €: Alcaldía.
-
Entre 3.005,06 € e 12.000 €: Xunta de Goberno Local.
-
Máis de 12.000 €: Pleno da Corporación.
A notificación realizarase conforme ao artigo 40 da Lei 39/2015.
Os anexos necesarios estarán dispoñibles nas oficinas municipais.




Comments