Convocatoria dunha praza de Auxiliar Administrativo/a (C2) no Concello de Carballo – OEP 2023
O Concello de Carballo vén de aprobar, mediante Decreto da Alcaldía nº 3496/2025 do 18 de novembro, as Bases Xerais e Específicas que rexerán o proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza de Auxiliar Administrativo/a, pertencente ao grupo C, subgrupo C2, da escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar, incluída na OEP 2023.
A convocatoria realizarase polo sistema de oposición libre, e o prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Principais requisitos
-
Nacionalidade española ou condición que permita o acceso ao emprego público segundo a normativa vixente.
-
Ter 16 anos cumpridos e non exceder a idade máxima de xubilación.
-
Titulación mínima: Graduado/a en ESO ou equivalente.
-
Acreditación do CELGA 3 ou equivalente (ou realización da proba correspondente).
-
Taxa de exame: 18 euros, segundo a Ordenanza Fiscal nº 26 (con posibilidade de bonificación do 100% se se cumpren os requisitos establecidos).
Publicación das bases
As bases completas poden consultarse en:
-
Sede electrónica municipal: www.sede.carballo.gal
-
Páxina web do Concello de Carballo: www.carballo.gal
As probas realizaranse en lingua galega por defecto, podendo solicitarse outra lingua oficial no modelo de solicitude.
Para máis información, recoméndase revisar a convocatoria completa e estar atento/a ás futuras publicacións sobre listas de admitidos/as, datas das probas e demais comunicacións oficiais.




Comments