Bolsas MAEC-AECID para capacitación de mozos/as españois 2025-2026 no exterior
A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) convoca as bolsas MAEC-AECID de capacitación de mozos/as españois.
O obxectivo destas bolsas, onde o prazo de presentación finaliza o 2 de decembro, é ofrecer oportunidades aos mozos/as españois para que teñan unha experiencia formativa no exterior en ámbitos tales como a xestión cultural e a cooperación para o desenvolvemento.
Convócanse 43 Bolsas para o Programa de capacitación para mozos/as españois en formación en xestión de cooperación para o desenvolvemento nas Oficinas de Cooperación Española e os Centros de Formación da Cooperación Española distribuídas en 29 países.
Ademais, convócanse 56 Bolsas para o Programa para mozos/as españois en formación en xestión cultural e diplomacia científica na rede exterior de representacións diplomáticas e Centros Culturais de España distribuídas en 50 países.
Requisitos:
Entre outros requisitos que podes ver na web de AECID:
-Ter a nacionalidade española e estar en posesión de DNI.
-Ser maior de idade e non superar os 27 anos ao 31 de decembro de 2025.
Programa COOPERACIÓN:
-Posuír un título de grao, preferentemente na área de estudos de ciencias sociais e xurídicas.
Programa CULT:
-Posuír un título de grao, preferentemente na área de estudos de artes e humanidades ou na área de estudos de ciencias sociais e xurídicas.
-Acreditar, mediante titulación oficial, o nivel de competencia nalgún dos idiomas requiridos segundo os destinos.
Convoca: MAEC-AECID
Máis información:
https://www.aecid.es/w/a-aecid




Comments