Bolsas para estudantes de arquitectura e química da Fundación HNA
A Fundación HNA convoca a V edición das súas Bolsas de Excelencia para estudos de posgrao en arquitectura, arquitectura técnica e química en centros nacionais ou estranxeiros.
Destinatarios/as:
- Graduados/as en arquitectura, arquitectura técnica (ou títulos con diferentes denominacións, pero idénticos efectos profesionais) e titulados/as universitarios/as cuxas titulacións estean fundamentadas na ciencia e tecnoloxía químicas que queiran realizar estudos de máster, doutoramento ou investigación predoctoral, relacionados coa súa profesión, excluído o máster habilitante en arquitectura.
Requisitos:
-Estar en posesión do título grao en arquitectura, arquitectura técnica (ou grao de diferente denominación pero mesmo efecto profesional) ou nunha titulación universitaria fundamentada na Ciencia e Tecnoloxía Químicas expedido por unha universidade española, ou poder acreditalo.
-Non haberse graduado ou, no seu caso, completado os estudos de máster habilitante en arquitectura, nunha data anterior a 4 anos no momento de facer a solicitude.
-Os estudos para cursar poden ser estudos de máster, doutoramento ou de investigación científica ou técnica predoctoral, relacionados coa arquitectura, a arquitectura técnica ou a química, a excepción do máster habilitante en arquitectura.
Máis información:
https://fundaciofinestres.com/é/certame/bolsas-finestres-de-ensaio-2026/




Comments