Ir o contido principal
obradoiro

Bases das axudas para os Obradoiros Duais de Emprego 2026

Principais novidades da convocatoria

  • Financiamento dirixido ás entidades locais galegas, ás súas mancomunidades e agrupacións.

  • Establécense as condicións, requisitos e contías máximas para a posta en marcha dos obradoiros duais durante 2026.

  • Os programas deberán integrar formación certificable, experiencia profesional e accións de orientación laboral.

  • A orde regula tanto a selección do alumnado como a contratación do persoal docente, directivo e de apoio.

  • Os obradoiros terán unha duración mínima determinada pola normativa e poderán incluír diversas especialidades profesionais.

Destinatarios

Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego que cumpran os requisitos establecidos en cada programa.

Prazos 

  • Presentación de solicitudes: un mes desde o día seguinte á publicación no DOG. 

  • Inicio da formación / prácticas: previsto que comece, como máximo, o 1 de xuño de 2026.

Máis información

Toda a documentación e detalles da convocatoria están dispoñibles no DOG e na sede electrónica da Xunta:
Código de procedemento TR353A

DOGA

Comments