O Concello de Narón publica a convocatoria para dúas prazas de Administrativo/a da OEP 2025, unha delas reservada para persoas con discapacidade
O Concello de Narón vén de aprobar, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 20 de novembro de 2025, as bases específicas e a convocatoria da oposición para cubrir dúas prazas de funcionario/a de carreira da Escala de Administración Xeral, subescala Administrativo/a (grupo C, subgrupo C1), incluídas na Oferta de Emprego Público de 2025.
Unha das prazas resérvase á quenda de discapacidade, de acordo co previsto na OEP e nas bases xerais que rexen os procesos selectivos municipais.
Características das prazas convocadas
-
Número de prazas: 2 (1 quenda libre e 1 quenda de discapacidade)
-
Sistema de selección: oposición
-
Titulación requirida: Bacharelato ou equivalente
-
Taxas de exame: 17,21 €
-
Nivel de galego esixido: CELGA 4 (ou proba de acreditación)
-
Funcións principais: tramitación de expedientes, informatización de documentos, atención ao público, rexistro e arquivo, e outras tarefas administrativas nos servizos de Medio Ambiente e Sociocomunitario.
Solicitudes
As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude mediante o modelo oficial dispoñible na Sede electrónica do Concello de Narón, no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Xunto coa solicitude deberán achegarse:
-
Xustificante do pagamento das taxas
-
Copia do DNI
-
Titulación académica requirida
-
No caso da quenda de discapacidade: ditame médico acreditativo do grao e compatibilidade
-
Acreditación do CELGA 4, ou proba de nivel para quen non dispoña do certificado
Proceso selectivo
O sistema será de oposición, con tres exercicios eliminatorios:
-
Cuestionario teórico (40 preguntas)
-
Suposto práctico
-
Proba de galego (só para quen non teña CELGA 4)
A puntuación final resultará da suma dos dous primeiros exercicios.
Lista de reserva
As persoas que superen o proceso pero non obteñan praza integrarán unha lista de reserva, segundo o previsto nas bases xerais, para futuras necesidades de provisión no Concello.




Comments