Ir o contido principal

Convocatoria proceso selectivo Prazas Grupo A1 Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

. O obxecto do proceso selectivo será cubrir cincuenta e nove (59) prazas do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2024, á cal se acumulan as provenientes das ofertas de 2022 e 2023, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro): trinta (30) prazas, das cales catro (4) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

– Oferta de emprego público do exercicio 2023, aprobada polo Decreto 143/2023, do 9 de novembro (DOG núm. 214, do 10 de novembro): dezanove (19) prazas, das cales tres (3) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

– Oferta de emprego público do exercicio 2024, aprobada polo Decreto 198/2024, do 27 de decembro (DOG núm. 251, do 31 de decembro): dez (10) prazas, das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

O sistema selectivo será o de oposición.

Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de grao. Tamén poderán acceder a este corpo as persoas que estean en posesión das titulacións de licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente.

Prazo de presentación solicitudes: O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Máis información e convocatoria: Dog 24/11/2025

Comments