Convocatoria Oferta Empleo Prazas Grupo A2 Xunta de Galicia
RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2.
Prazas:obxecto do proceso selectivo será cubrir corenta (40) prazas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia (subgrupo A2), correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2024, á cal se acumulan as provenientes da oferta de 2022, segundo se detalla:
– Oferta de emprego público do exercicio 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG número 245, do 27 de decembro): trinta (30) prazas, das cales catro (4) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.
– Oferta de emprego público do exercicio 2024, aprobada polo Decreto 198/2024, do 27 de decembro (DOG número 251, do 31 de decembro): dez (10) prazas, das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.
O sistema selectivo será o de oposición.
Titulación requerida: estar en posesión ou en condicións de obter o título universitario oficial de grao.
Tamén poderán acceder a este corpo as persoas que estean en posesión das titulacións de enxeñaría técnica, diplomatura universitaria, arquitectura técnica ou equivalente.
Prazo solicitudes e convocatoria: O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).




Comments