Ir o contido principal

Convocatoria prazas Auxiliares de Clinica, Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica.

Prazas:

. O obxecto do proceso selectivo será cubrir setenta e cinco (75) prazas, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2024, á cal se acumulan as provenientes das ofertas de 2022 e 2023, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro): trinta (30) prazas, das cales catro (4) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

– Oferta de emprego público do exercicio 2023, aprobada polo Decreto 143/2023, do 9 de novembro (DOG núm. 214, do 10 de novembro): vinte e cinco (25) prazas, das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

– Oferta de emprego público do exercicio 2024, aprobada polo Decreto 198/2024, do 27 de decembro (DOG núm. 251, do 31 de decembro): vinte (20) prazas, das cales dúas (2) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

Resérvanse dezanove (19) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo será o de oposición.

Titulacion requerida:  estar en posesión ou en condicións de obter a titulación de técnico/a de coidados auxiliares de enfermaría ou equivalente.

Prazo solicitudes:  O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG)

Máis información e convocatoria: Dog 24/11/2024

 

Comments