O Concello de Moaña abre unha convocatoria para crear unha bolsa de auxiliar administrativo/a
O Concello de Moaña vén de aprobar, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada o 17 de novembro de 2025, as bases reguladoras do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo para o posto de auxiliar administrativo/a.
Esta bolsa terá como finalidade cubrir baixas, substitucións ou nomeamentos interinos en situacións excepcionais, urxentes e inaprazables.
O período de presentación de solicitudes será de sete días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
As bases completas poden consultarse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña:
https://concellodemoana.sedelectronica.gal
BOPPO




Comments