Ir o contido principal

Cerdedo-Cotobade abre unha convocatoria para a creación dunha lista de reserva de oficiais electricistas

O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de aprobar, mediante o Decreto da Alcaldía 2025-1564, as bases reguladoras para a formación dunha lista de reserva destinada á selección interina de postos de oficial electricista.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días hábiles para presentar as súas solicitudes, contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As bases completas da convocatoria poden consultarse na Secretaría do Concello de Cerdedo-Cotobade e no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica municipal:
http://concellodecerdedocotobade.sedelectronica.gal/info.0

BOPPO

Comments