Ir o contido principal

Salceda de Caselas abre o prazo para participar nas probas selectivas dunha praza de logopedista–pedagogo/a

O Concello de Salceda de Caselas vén de aprobar, mediante Resolución de Alcaldía nº 2025-1474 de data 18.11.2025, a convocatoria e as bases reguladoras das probas selectivas para a provisión dunha praza de logopedista-pedagogo/a, mediante o sistema de concurso-oposición, con contrato laboral de substitución por vacante (interinidade) por xubilación ata a cobertura definitiva da praza.

A partir do día seguinte á publicación do anuncio, ábrese un prazo de dez días naturais para a presentación de solicitudes.

As bases completas que rexerán o proceso poden consultarse na sede electrónica municipal:

👉 https://salcedadecaselas.sedelectronica.gal/board

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse igualmente na sede electrónica do Concello.

Contra as bases, que poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición potestativo no prazo dun mes ou, de forma alternativa, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, conforme a normativa vixente (Lei 39/2015 e Lei 29/1998).

BOPPO

Comments