Noia abre o prazo para participar na bolsa de emprego de encargados/as de recepción e recepcionistas da piscina municipal
O Concello de Noia vén de publicar as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego destinada á provisión temporal de postos de traballo da categoría de encargados/as de recepción e recepcionistas, adscritos á piscina municipal e encadrados no Grupo IV do persoal laboral.
A convocatoria foi aprobada mediante a Resolución de Alcaldía nº 3740 do 21 de novembro de 2025, na que se establece que o proceso selectivo se realizará mediante o sistema de concurso-oposición.
Coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa aparición no BOP.
As persoas interesadas poden consultar as bases completas da convocatoria e a documentación necesaria para participar no proceso no taboleiro de anuncios municipal e na sede electrónica do Concello de Noia.




Comments