Ir o contido principal

O Concello da Peroxa abre unha bolsa de emprego para persoal de limpeza das instalacións municipais

O Concello da Peroxa vén de aprobar, mediante Acordo da Xunta de Goberno Local do 23 de outubro de 2025, a convocatoria e as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de emprego de persoal para a limpeza das instalacións municipais, motivada pola situación de excedencia da persoa titular do posto.

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude:

  • No Rexistro do Concello da Peroxa, en horario de 9:00 a 14:00 h, ou

  • Por calquera dos medios previstos na normativa vixente en materia de procedemento administrativo.

O prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Información e bases

As bases completas da convocatoria están dispoñibles:

Esta bolsa de emprego permitirá dispoñer de persoal cualificado para a cobertura temporal de necesidades de limpeza nas instalacións municipais.

Comments