O Concello de Betanzos convoca unha bolsa de emprego temporal de psicólogo/a para os Servizos Sociais
Obxecto da convocatoria
O proceso ten por finalidade crear unha bolsa de profesionais que poidan ser contratados/as temporalmente para exercer as funcións propias dunha praza de Psicólogo/a (Grupo I, Nivel CD 18) nos Servizos Sociais municipais, enmarcados no Programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais da Deputación da Coruña.
Requisitos das persoas aspirantes
As persoas interesadas deberán cumprir, antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
-
Ter 16 anos cumpridos e non exceder da idade máxima de xubilación.
-
Ter nacionalidade española ou dalgún Estado da UE nas condicións do art. 57 do EBEP.
-
Non padecer enfermidade ou limitación que impida o desempeño das funcións.
-
Non estar inhabilitado/a nin separado/a do servizo público.
-
Estar en posesión do Grao en Psicoloxía ou equivalente (as titulacións estranxeiras deben estar homologadas).
-
Dispoñer do permiso de conducir B en vigor.
-
Presentar certificado de delitos de natureza sexual, acreditando a ausencia dos mesmos.
-
As persoas con discapacidade deberán achegar certificación e, se é o caso, solicitar adaptacións.
Presentación de solicitudes
As instancias deberán presentarse utilizando o modelo oficial recollido nos anexos da convocatoria (Anexos II, III e IV), xunto coa documentación acreditativa dos méritos.
A presentación realizarase preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello de Betanzos. Tamén poderá facerse por calquera das vías previstas na Lei 39/2015.
Prazo de presentación
O prazo é de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP (é dicir, desde o 29 de novembro de 2025).
Máis información
As bases completas poden consultarse no:
-
Taboleiro de edictos do Concello de Betanzos
-
Sede electrónica municipal




Comments