Betanzos abre unha convocatoria urxente para crear unha bolsa de emprego de profesorado de Escola Infantil
O Concello de Betanzos vén de publicar as bases dunha convocatoria urxente para a creación dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal na categoría de Profesor/a de Escola Infantil, que permitirá cubrir necesidades esenciais do servizo municipal cando se produzan vacantes ou ausencias.
Obxecto da convocatoria
O proceso ten por finalidade dispoñer dunha bolsa de profesionais cualificados/as para exercer funcións educativas e asistenciais propias da categoría de Profesor/a de Escola Infantil, garantindo a continuidade e calidade do servizo municipal.
Requisitos das persoas aspirantes
As persoas interesadas deberán cumprir, no último día de prazo, os seguintes requisitos:
-
Ter nacionalidade española, da UE ou doutros Estados nas condicións previstas na normativa vixente.
-
Ter 16 anos cumpridos e non exceder da idade máxima de xubilación.
-
Posuír titulación universitaria: Grao en Mestre de Educación Infantil, Mestre especialista, Diplomatura en EXB - especialidade Educación Infantil ou Preescolar.
-
Estar en posesión ou en condición de obter:
-
Carné de manipulador/a de alimentos.
-
Curso de primeiros auxilios.
-
-
Non estar inscrito/a no Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
-
Non padecer enfermidade nin limitación que impida o desempeño das funcións.
-
Non estar separado/a do servizo de ningunha Administración Pública nin inhabilitado/a.
-
Posuír capacidade funcional para as tarefas do posto.
-
Acreditar coñecemento de galego (CELGA 4) ou equivalente.
-
As persoas con discapacidade deberán indicalo e solicitar, se é o caso, adaptacións para as probas.
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse mediante o modelo oficial (Anexo II da convocatoria) dirixido á Alcaldesa-Presidenta.
A presentación realizarase:
-
Preferentemente por vía electrónica na sede electrónica municipal.
-
Ou por calquera das vías previstas na Lei 39/2015.
As persoas aspirantes deben declarar que cumpren todos os requisitos no momento de finalización do prazo.
Prazo de presentación
O prazo é de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP da Coruña.
Máis información
As bases completas poden consultarse en:
-
Taboleiro de anuncios do Concello de Betanzos
-
Sede electrónica municipal: https://sede.betanzos.gal




Comments