Ir o contido principal

O Concello de Carballo abre dúas convocatorias de emprego público: 1 praza de Técnico/a Educador/a Familiar e 1 praza de Traballador/a Social

O Concello de Carballo publicou dúas convocatorias para a cobertura en propiedade, mediante quenda libre, de dúas prazas pertencentes á Oferta de Emprego Público de 2023: Técnico/a Educador/a Familiar e Traballador/a Social. Ambas prazas corresponden ao Grupo A, Subgrupo A2, da escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Técnicos Medios.

 Obxecto das convocatorias

As dúas convocatorias teñen por finalidade seleccionar persoal funcionario de carreira para ocupar:

  • 1 praza de Técnico/a Educador/a Familiar, incluída na OEP 2023 (Expte. 2025/E001/000019).

  • 1 praza de Traballador/a Social, tamén da OEP 2023 (Expte. 2025/E001/000018).

Ambas prazas requiren nivel de coñecemento de galego CELGA 4 ou equivalente.

Sistema selectivo

O sistema de acceso para ambas prazas será o de concurso–oposición.

Requisitos das persoas aspirantes

As persoas interesadas deberán cumprir, antes do remate do prazo de solicitudes, os seguintes requisitos comúns:

  • Ter nacionalidade española ou a que permita o acceso ao emprego público segundo o art. 57 do TREBEP.

  • Ter 16 anos cumpridos e non exceder a idade máxima de xubilación.

  • Posuír capacidades físicas e psíquicas necesarias para o posto.

  • Non ter sido separado/a do servizo nin estar inhabilitado/a para emprego público.

  • Non atoparse en situación de incompatibilidade segundo a Lei 53/1984.

  • Coñecemento de galego CELGA 4 ou equivalente (ou superar a proba específica).

Requisitos de titulación

  • Técnico/a Educador/a Familiar: Grao en Educación Social, Traballo Social, Psicoloxía, Pedagoxía ou equivalente.

  • Traballador/a Social: Grao en Traballo Social ou equivalente.

No caso de titulacións estranxeiras, requírese homologación ou validación correspondente.

Solicitudes

  • As solicitudes dirixiranse ao alcalde-presidente do Concello de Carballo.

  • Presentación preferente por vía electrónica na sede: www.sede.carballo.gal.

  • Tamén se admiten outras vías permitidas polo artigo 16.4 da Lei 39/2015.

  • Se se presenta por Correos, o selo debe figurar na solicitude e enviarase o xustificante ao correo: xestiondepersoal@carballo.gal.

  • Débese cubrir o modelo específico de solicitude (Anexo III das bases).

Prazo de presentación de instancias

O prazo será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOE.

Máis información

As Bases Xerais e Específicas publicaranse integramente en:

Comments