Convocatoria de subvencións para apoio ás familias na adquisición de agasallos de Nadal 2025
A Xunta de Goberno Local de Valdoviño publica a convocatoria de subvencións para apoiar ás familias na adquisición de agasallos de Nadal, co obxecto de garantir a igualdade no exercicio dos dereitos da infancia e facilitar a participación na vida comunitaria.
Persoas beneficiarias:
-
Pais, nais, titores/as ou familias con acollemento permanente ou preadoptivo de menores.
-
Menores de idade (ou con 18 anos) empadroados no Concello de Valdoviño.
-
Famílias ao día nas súas obrigas tributarias co Concello, Axencia Tributaria, Seguridade Social e Facenda autonómica.
-
Que cumpran os requisitos do artigo 13 da Lei 38/2003.
-
Que non superen os ingresos establecidos no baremo económico do artigo 6.5.
Finalidade:
Compensar ás familias con menores dificultades económicas para afrontar os gastos derivados da compra de agasallos de Nadal.
Importe:
Crédito máximo de 4.500 €, financiado cos orzamentos municipais.
Prazo de presentación:
10 días hábiles a partir do seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información:




Comments