Ir o contido principal

Convocatoria para a contratación dun/ha peón forestal no Concello de Palas de Rei

Selección dunha persoa para un posto de peón forestal a xornada completa, mediante contrato temporal no marco do Plan de Cooperación da Deputación 2025.

Requisitos

  • Posuír o título de Estudos Primarios ou equivalentes.

  • Estar en situación de desemprego (tarxeta de demandante de emprego no Servizo Público de Galicia).

  • Permiso de conducir clase B1.

  • Acreditar o coñecemento de lingua galega: Celga 2 ou equivalente.

  • Non ter traballado nesta administración 24 meses ou máis nos últimos anos (segundo bases).

Prazos

  • O prazo de presentación é moi breve: 3 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación no BOP (publicado o 29/11/2025).

Solicitudes

  • Presentar o modelo oficial (Anexo I) no Rexistro Xeral do Concello ou polos medios previstos na Lei 39/2015.

  • Importante: Se a solicitude se presenta nun rexistro distinto ao do Concello (ex. Correos), deberase enviar o xustificante por correo electrónico a recursoshumanos@palasderei.org dentro do prazo.

Máis información

Comments