Ir o contido principal

Ofertas de emprego para persoas con discapacidade en busca activa de traballo

A Fundación ONCE, a través da plataforma Portalento, difunde novas oportunidades laborais dirixidas a persoas con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Compartimos a continuación varias vacantes activas nas contornas de Santiago de Compostela e Ordes.

1. Asesor/a en tenda – Produto financeiro (24 h/semana) – Santiago de Compostela

Código: 213109

  • Contrato indefinido

  • Horario rotativo: 10:00–14:00 e 16:30–20:30

  • Traballo algúns fins de semana

  • Requírese experiencia comercial

  • Centro Comercial As Cancelas

  • Salario: informarase na empresa
    Ligazón: portalento.es → oferta 213109

2. Administrativo/a de loxística – Ordes (30 h/semana)

Código: 213399

  • Contrato estable

  • Horario de 9:00 a 15:00, con flexibilidade

  • Incorporación inmediata

  • Oficina con escaleiras (1º piso) e manipulación puntual de pesos

  • Requírese CFGM Administrativo

  • Traballo nunha nave con material eléctrico
    Ligazón: portalento.es → oferta 213399

3. Operario/a de lavandería industrial – Polígono do Tambre

Código: 208350

  • Salario aproximado: 1.100 €/mes en 14 pagas

  • Traballo con movementos repetitivos e de pé

  • Quendas rotativas intensivas: 7:00–15:00 / 15:00–23:00, de luns a domingo

  • Diferentes postos: lavado, procesado, expedición, etc.
    Ligazón: portalento.es → oferta 208350

4. Persoal de limpeza hospitalaria (H/M/D) – Santiago de Compostela

Código: 212298

  • Centros: CHUS, Provincial e Psiquiátrico

  • Contrato temporal a xornada completa (39 h) con quendas fixas ou rotativas

  • Salario: arredor de 1.100 € netos en 14 pagas + complementos

  • Requírese experiencia mínima de 3 meses en tarefas de limpeza

  • Preferencia por persoas residentes en Santiago e contorna
    Ligazón: portalento.es → oferta 212298

Requisitos xerais para inscribirse

  • Certificado de discapacidade ≥ 33 %

  • DARDE: estar inscrito/a como demandante de emprego

  • Rexistro en Portalento como candidato/a

Teléfono para anotarse ás ofertas se non se está rexistrado/a en Portalento:

📞 981 55 44 83

Comments