Ir o contido principal

Convocatoria dunha bolsa de emprego para Administrativo/a de Administración Xeral en Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de aprobar, mediante o Decreto da Alcaldía 2025-1588 de data 27 de novembro de 2025, as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de emprego para cubrir postos de Administrativo/a de Administración Xeral.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As persoas interesadas poden consultar as bases completas na Secretaría do Concello de Cerdedo-Cotobade e no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica da entidade:

➡️ http://concellodecerdedocotobade.sedelectronica.gal/info.0

Comments