Ir o contido principal

Monterroso abre o prazo para a creación dunha bolsa de emprego temporal de Traballador/a Social

O Concello de Monterroso vén de anunciar a convocatoria dunha bolsa de emprego temporal para a categoría de Traballador/a Social, destinada a cubrir futuras necesidades de persoal nesta área.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Monterroso, no prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

As bases completas da convocatoria atópanse dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello:

➡️ https://monterroso.sedelectronica.es/info.0

Comments