O Concello de Caldas de Reis abre o proceso de selección de dúas prazas dentro do proxecto + Emprega nos Concellos
O Concello de Caldas de Reis vén de aprobar, mediante o Decreto de Alcaldía nº 2025-2129, a convocatoria e as bases do proxecto + Emprega nos Concellos, destinado á contratación de 1 técnico/a animador/a social e 1 técnico/a de xestión cultural (Expte. 2565/2025).
As bases íntegras da convocatoria estarán dispoñibles para consulta no Taboleiro de Anuncios, así como na páxina web e na sede electrónica municipal do Concello de Caldas de Reis.
O prazo para presentar solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido e conforme ás instrucións recollidas nas bases da convocatoria.




Comments