Selección de Técnico/a de Turismo en Burela
O Concello de Burela selecciona un/unha técnico/a de turismo funcionario/a interino/a (Grupo C1) por unha duración de 10 meses dentro do programa "Reforzo do Emprego" do Plan Deputación 2025.
Requisitos:
-
Ter nacionalidade española ou da UE e ter cumpridos os 16 anos.
-
Estar en posesión do título de Bacharelato, Técnico ou equivalente.
-
Atoparse en situación de desemprego ou mellora de emprego.
-
Acreditar o coñecemento da lingua galega (Celga ou equivalente).
Prazo: 7 días naturais contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (publicado o 04/12/2025).
Solicitudes: Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (presencial ou telemático) utilizando o modelo oficial dispoñible na sede electrónica.
Máis información:
-
BOP de Lugo Px 2
-
Sede electrónica: burela.sedelectronica.es




Comments