O Concello de Redondela publica novas convocatorias de emprego público para cubrir prazas de persoal funcionario e laboral
A Xunta de Goberno Local de Redondela aprobou na sesión do 11 de novembro de 2025 as bases específicas que regulan novos procesos selectivos para cubrir diversas prazas de persoal funcionario e laboral fixo, incluídas nas Ofertas de Emprego Público de 2023 e 2024.
🔹 Prazas convocadas
Persoal funcionario (OEP 2023):
-
2 prazas de Auxiliar da Administración Xeral (C2, quenda libre).
-
1 praza de Oficial de Obras e Servizos (C2, quenda libre).
-
2 prazas de Oficial de Obras e Servizos (C2, promoción interna).
-
1 praza de Vixiante de Obras (C2, quenda libre).
Persoal laboral fixo (OEP 2024):
-
1 praza de Operario/a de Xardíns (sen requisito de titulación, quenda libre).
Ademais, aprobouse o funcionamento das listas de reserva asociadas a estas categorías, para futuras necesidades de contratación.
🔹 Sistemas de selección
As prazas convocadas cubriranse mediante oposición libre ou, no caso da promoción interna, mediante oposición para persoal fixo do Concello.
Os procesos inclúen probas teóricas, prácticas e, de ser o caso, exercicio de coñecemento de galego.
🔹 Información detallada
As persoas interesadas poden consultar:
-
As bases específicas completas de cada categoría.
-
As bases xerais refundidas, dispoñibles na web do Concello de Redondela.
-
Os temarios, requisitos, funcións dos postos e estrutura das probas.
Toda a documentación está accesible a través da web municipal:
🔗 redondela.gal → Ayuntamento → Oferta de Emprego Público




Comments