Ir o contido principal

O Concello de Ferrol convoca unha praza de técnico/a de redes por quenda libre

O Concello de Ferrol vén de aprobar a convocatoria dun proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de redes, persoal funcionario de carreira, encadrada na escala da Administración Especial, subescala Técnica, clase Auxiliar. A resolución, asinada pola concelleira delegada da Área de Facenda, Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística o 1 de decembro de 2025, deriva da Oferta de Emprego Público de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Requisitos das persoas aspirantes

As persoas interesadas deberán dispoñer do título de Bacharelato, Formación Profesional ou Técnico/a, ou equivalente segundo a lexislación vixente. Tamén se esixe acreditar o nivel Celga IV de lingua galega, ou superar unha proba específica no caso de non presentar certificación.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello de Ferrol, podendo facerse tamén polos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

A taxa por dereitos de exame para o grupo C1 é de 34,54 €, agás para aquelas persoas que acrediten estar en situación de desemprego durante, polo menos, os seis meses anteriores á publicación da convocatoria.

Sistema selectivo

O proceso realizarase mediante oposición, composta por:

  • Primeiro exercicio: cuestionario tipo test de ata 100 preguntas sobre o temario.

  • Segundo exercicio: resolución por escrito dun suposto práctico.

  • Terceiro exercicio: proba de galego para quen non acredite o Celga IV.

As persoas aspirantes que superen, como mínimo, o primeiro exercicio pasarán a integrar unha listaxe de agarda para posibles nomeamentos como persoal funcionario interino.

Toda a información detallada, incluídas as bases específicas e o modelo de solicitude, pode consultarse na sede electrónica do Concello de Ferrol e no BOP da Coruña.

Comments