Ir o contido principal

Pontedeume abre cinco procesos selectivos para reforzar o persoal municipal

O Concello de Pontedeume vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia da Coruña varias convocatorias destinadas á creación de bolsas de emprego e á cobertura en propiedade de diversas prazas municipais, co obxectivo de garantir o correcto funcionamento dos servizos públicos e dar resposta ás necesidades do persoal.

As convocatorias inclúen:

🔹 Bolsa complementaria de administrativo/a C1

Aprobouse unha nova bolsa de emprego complementaria á creada en 2023, destinada á cobertura interina de prazas de administrativo/a C1. O sistema de selección será por oposición e o prazo de solicitudes é de 7 días hábiles desde a publicación no BOP.

🔹 Bolsa complementaria de auxiliar administrativo/a C2

Tamén se convoca unha lista de agarda complementaria á de 2024 para cubrir de forma temporal prazas de auxiliar administrativo/a C2. O proceso realizarase por oposición e conta igualmente cun prazo de 7 días hábiles para presentar solicitudes.

🔹 Bolsa de emprego para limpador/a

O Concello crea unha bolsa para contratación temporal de limpadores/as de edificios públicos, destinada a cubrir baixas, vacacións ou necesidades urxentes por acumulación de tarefas. O prazo de presentación é de 5 días hábiles.

🔹 Convocatoria de 2 prazas de auxiliar administrativo/a C2 (funcionario/a de carreira)

Convócanse dúas prazas vacantes de auxiliar administrativo/a, pertencentes ás OEP de 2023 e 2025. O acceso será por quenda libre mediante oposición. As solicitudes poden presentarse durante 20 días hábiles desde a publicación no BOE.

🔹 Convocatoria de 2 prazas de administrativo/a C1 (funcionario/a de carreira)

Así mesmo, ábrese o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de administrativo/a C1, tamén por oposición e en quenda libre, correspondentes ás OEP de 2023 e 2025. O prazo de presentación será de 20 días hábiles desde a publicación no BOE.

Toda a información detallada, bases completas e anexos poden consultarse na sede electrónica municipal www.pontedeume.gal.

Comments