Ir o contido principal
musica

Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas 2026

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas para impulsar a programación profesional de concertos en salas privadas de Galicia, co obxectivo de fomentar a oferta cultural e dar visibilidade ao talento musical galego.

Requisitos e persoas beneficiarias:

  • Empresas e persoas traballadoras autónomas dedicadas á promoción de servizos musicais (promotores, mánagers, axentes) ou organización de eventos musicais.

  • Ter oficina permanente en Galicia ou na UE cunha antigüidade mínima de 1 ano.

  • Estar dado de alta nos epígrafes do IAE correspondentes (033, 853, 965, 983) cunha antigüidade de polo menos 2 anos.

  • Presentar un proxecto de programación (para 2026-2027) con, polo menos, 10 concertos en 5 salas diferentes de 3 provincias.

  • Mínimo do 80% de formacións musicais galegas e impulso a novos artistas.

  • Quedan excluídas as asociacións e entidades sen ánimo de lucro.

Prazo de presentación:

Un mes contado desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Solicitudes:

A presentación realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento CT302D).

Máis información:

  • Na web da Agadic

  • Teléfonos: 881 99 60 77 / 881 99 60 78

  • Correo electrónico: agadic@xunta.gal

  • DOGA

 

Comments