Ir o contido principal
residencias

Residencias Artísticas Mariñán 2026

A Deputación da Coruña convoca 16 prazas para apoiar procesos creativos no Pazo de Mariñán nas áreas de música, literatura e pensamento, e creación de contidos dixitais en redes sociais.

Requisitos e persoas beneficiarias:

  • Persoas maiores de 18 anos residentes en Galicia (nos grupos, polo menos un terzo dos compoñentes).

  • Os proxectos deben ter o galego como lingua principal.

  • Non ter gozado dunha residencia Mariñán anteriormente na mesma modalidade.

  • Modalidades:

    • Música (RESI-MU): Bandas ou solistas con repertorio propio (4 prazas).

    • Literatura e Pensamento (RESI-LP): Proxectos literarios ou de investigación en humanidades (4 prazas).

    • Redes Sociais (RESI-RS): Creadores con perfís culturais e menos de 2 anos de traxectoria (8 prazas).

Prazo de presentación:

Dende as 08:00 horas do 1 de xaneiro de 2026 ata as 14:00 horas do 16 de febreiro de 2026.

Solicitudes:

A presentación realizarase exclusivamente de xeito telemático a través da plataforma SUBTEL da Deputación da Coruña, sendo necesario dispor de certificado dixital.

Máis información:

  • Na web da Deputación da Coruña

  • BOP da Coruña (Publicación 10 decembro 2025)

  • Correo electrónico: cultura@dacoruna.gal

Comments