Ir o contido principal

Contratación de 3 auxiliares de biblioteca no Concello de Ferrol (PEL-Concellos 2026)

O Concello de Ferrol convoca un proceso selectivo, mediante concurso-oposición, para a contratación laboral temporal de 3 auxiliares de biblioteca a xornada completa ata o 31 de decembro de 2026.

Requisitos:

  • Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.

  • Estar en posesión do título de Bacharelato ou equivalente.

  • Acreditar o nivel de coñecemento de lingua galega CELGA 4 ou equivalente (ou superar a proba).

  • Estar en situación de desemprego e inscrito/a no Servizo Público de Emprego.

  • Pertencer a algún dos colectivos de exclusión laboral recollidos nas bases: mulleres, maiores de 45 anos, parados de longa duración (mínimo 1 ano), persoas con discapacidade, vítimas de violencia de xénero, fogares monoparentais ou sen emprego, etc.

Prazo de presentación:

5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Solicitudes:

As solicitudes dirixiranse ao Alcalde e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos e méritos (Anexo I).

Máis información:

  • BOP da Coruña (Publicación 10 decembro 2025)

  • Web do Concello de Ferrol

  • Taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.

Comments