𝐕𝐈𝐈𝐈 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨
Esta semana arrinca a 𝐕𝐈𝐈𝐈 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 - @maresdafindomundo -, que este ano celebra a súa edición en Rianxo, nova casa do festival.
🏔️ O cartel está protagonizado polo monte Kirkjufell (Islandia), unha imaxe que nos convida a pensar no futuro que xa albiscamos: un mundo onde a subida do nivel do mar altera paisaxes, despraza comunidades costeiras e acelera a perda de biodiversidade.
🔹 A erosión litoral, a transformación dos hábitats e o impacto sobre as poboacións mariñas son só algunhas das consecuencias dun fenómeno que nos interpela como sociedade.
🔹 A resposta pasa por reforzar a pesca sostible, protexer os ecosistemas e seguir impulsando a loita contra o cambio climático dende todos os ámbitos… tamén dende o cinema.
📅 Do 10 ao 14 de decembro de 2025, o Concello de Rianxo convértese nun porto común onde o audiovisual e o mar dialogan, reflexionan e emocionan.
✨ O cinema, o mar e nós agardámoste en Rianxo esta semana. Ven descubrir Mares da Fin do Mundo.




Comments