Ir o contido principal

O Concello de Toén abre unha bolsa de emprego para auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar nos anos 2026 e 2027

O Concello de Toén vén de aprobar as bases de selección para a creación dunha bolsa de emprego destinada á contratación de persoal para o posto de auxiliar de axuda no fogar (SAF) durante os anos 2026 e 2027. O anuncio xa está dispoñible para coñecemento público e dá inicio ao proceso selectivo.

A bolsa terá vixencia ata o 31 de decembro de 2027 e permitirá realizar contratacións laborais de duración determinada, ben por circunstancias da produción ou pola substitución doutras persoas traballadoras. A duración concreta dos contratos e a xornada laboral adaptaranse ás necesidades de cada situación.

O sistema de selección será o concurso de méritos, e as bases completas poden consultarse nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello de Toén.

As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP. A tramitación poderá realizarse a través do rexistro electrónico municipal ou na oficina de asistencia en materia de rexistros (rúa Ribadela, 1, Toén), así como por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Comments