Ir o contido principal

O Concello de Silleda abre unha convocatoria para cubrir por oposición unha praza de Oficial 3º do Servizo de Augas

O Concello de Silleda vén de aprobar, por acordo da Xunta de Goberno Local do 5 de decembro de 2025, a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo para cubrir, mediante oposición e quenda libre, unha praza vacante de Oficial 3º do Servizo de Augas, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo municipal. A praza está incluída na Oferta de Emprego Público de 2025, publicada no BOP de Pontevedra nº 88 (12/05/2025) e no DOG nº 103 (02/06/2025).

A persoa seleccionada incorporarse á agrupación profesional de persoal laboral fixo e realizará tarefas vinculadas ao mantemento e funcionamento das instalacións municipais de abastecemento de auga, pequenas reformas, manexo de maquinaria e colaboración en actividades municipais. Non se require titulación académica específica, mais será necesario contar co permiso de conducir tipo B e co certificado CELGA 2 ou equivalente —ou superar a proba de galego prevista nas bases—.

O proceso selectivo desenvolverase a través de tres exercicios: un test teórico, unha proba práctica relacionada co posto e, no caso de non acreditar o nivel de galego, unha proba específica de coñecemento da lingua.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOE. A instancia poderá rexistrarse presencialmente no Concello de Silleda, a través da Sede Electrónica municipal ou polos medios previstos na Lei 39/2015. Xunto coa solicitude será obrigatorio achegar a documentación requirida e aboar a taxa de exame correspondente, fixada en 10 euros para agrupacións profesionais.

Toda a información detallada, así como o texto íntegro das bases da convocatoria, estará dispoñible no taboleiro de anuncios electrónico do Concello e nos boletíns oficiais onde se publique.

BOP PONTEVEDRA

Comments