Convocatoria de emprego: Prazas para o Programa de Inclusión Social en Ferrol
O Concello de Ferrol abre o proceso de selección para cubrir 7 prazas de persoal funcionario interino (Dereito, Traballo Social, Orientación Laboral e Educación Social) destinadas á execución de programas temporais de inclusión social.
Requisitos
Ter nacionalidade española ou dun estado membro da UE.
Non exceder a idade de xubilación e posuír capacidade funcional.
Titulacións específicas segundo a praza:
-
Licenciado/a en Dereito (1 praza): Grao ou Licenciatura en Dereito.
-
Traballador/a Social (3 prazas): Grao ou Diplomatura en Traballo Social.
-
Orientador/a Laboral (2 prazas): Grao/Diplomatura/Licenciatura en Educación Social, Psicoloxía, Pedagoxía, Socioloxía, Relacións Laborais, Ciencias do Traballo, Económicas ou Empresariais.
-
Educador/a Social (1 praza): Grao ou Diplomatura en Educación Social.
-
Posuír o certificado Celga 4 ou equivalente.
-
Aboamento de taxas de exame (exentos desempregados de longa duración).
Prazos
5 días hábiles a contar a partir do día seguinte á publicación no BOP (publicado o 16 de decembro de 2025).
Solicitudes
Deberán presentarse preferentemente de xeito telemático no Rexistro Xeral do Concello ou polos procedementos da Lei 39/2015, utilizando o modelo oficial (Anexo II das bases).
Máis información
Podes consultar as bases completas e o anuncio no BOP e na web do Concello de Ferrol.




Comments