Convocatoria dunha praza de administrativa/o no Concello de Teo
O Concello de Teo abre o proceso selectivo mediante o sistema de oposición, en quenda de acceso libre, para cubrir unha praza de administrativa/o (Subgrupo C1) como persoal funcionario de carreira.
Requisitos:
-
Titulación: Estar en posesión ou en condicións de obter o título de Bacharelato ou Técnico.
-
Nacionalidade: Ter a nacionalidade española ou dalgún Estado membro da UE (ou cumprir o artigo 57 do EBEP).
-
Idade: Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
-
Lingua: Acreditar o coñecemento da lingua galega (CELGA 4 ou equivalente). De non posuílo, realizarase unha proba específica.
-
Capacidade: Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
-
Taxas: Aboar os dereitos de exame (20,00 €), agás exencións legais.
Prazos:
-
O prazo de presentación é de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Solicitudes:
-
As solicitudes presentaranse segundo o modelo Anexo I no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica.
-
Tamén poderán presentarse polos medios previstos na Lei 39/2015. Se se opta por un medio distinto ao rexistro municipal, deberase notificar o envío por correo electrónico a
rrhh@teo.galdentro do prazo. -
É necesario xerar a autoliquidación da taxa na oficina virtual tributaria do Concello antes da presentación.
Máis información:
-
Bases e convocatoria: Web do Concello de Teo
-
Portal de Transparencia: Sede Electrónica de Teo
-
Correo de contacto: rrhh@teo.gal




Comments