Ir o contido principal

Convocatoria de 4 prazas de subalterno/conserxe no Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición libre, para a cobertura de 4 prazas de persoal funcionario da escala de administración xeral, subescala subalterna (3 de acceso libre e 1 reservada a discapacidade).

Requisitos:

  • Ter a nacionalidade española ou cumprir os requisitos de acceso ao emprego público para nacionais doutros Estados (UE).

  • Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.

  • Estar en posesión do certificado de estudos primarios ou equivalente.

  • Estar en posesión do permiso de condución clase B.

  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas e non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario da administración pública.

  • Aboar a taxa de dereitos de exame (10€ xeral / 2,50€ desempregados).

Prazo de presentación:

O prazo será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio ou extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Nigrán, no apartado "Catálogo de trámites". Tamén poderán presentarse na Oficina de asistencia en materia de rexistros ou polos medios establecidos na Lei 39/2015. É imprescindible xuntar o xustificante de pago da taxa xunto coa instancia.

Máis información:

BOPPO

Comments