Ir o contido principal
actividades

Subvencións para actividades culturais 2025 no Concello de Baiona

O Concello de Baiona convoca axudas para apoiar a centros e asociacións sen fins de lucro na realización de proxectos culturais que promovan as artes, a literatura ou as tradicións locais durante o ano 2025.

Requisitos

  • Ser unha entidade, asociación ou colectivo sen fins lucrativos.

  • Ter domicilio fiscal e sede no termo municipal de Baiona.

  • Estar inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Baiona.

  • Desenvolver actividades culturais no ámbito territorial do municipio.

  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa AEAT, Xunta de Galicia, Seguridade Social e o propio Concello.

Plazos

  • Presentación de solicitudes: 15 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

  • Xustificación da subvención: O prazo límite para xustificar os gastos realizados é o 15 de decembro de 2025.

Solicitudes

  • As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente de forma telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Baiona.

Máis información

 

Comments