Ir o contido principal
proxecto audiovisual

Programa de subvencións a empresas de produción e distribución audiovisual para o apoio á distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia da Coruña

Serán obxecto deste programa de subvencións as actividades que teñan por obxecto a promoción e difusión de producións cinematográficas e audiovisuais (ficción, documental e animación), de calquera duración e en calquera dos formatos e medios de difusión, encamiñadas a súa proxección en salas de exhibición públicas ou privadas.

Persoas físicas ou xurídicas, constituídas como entidades lucrativas produtoras ou distribuidoras audiovisuais independentes, establecidas nun estado membro da Unión Europea, que acrediten que realizan as actividades obxecto.

O prazo de solicitude iniciarase as 08:00 horas do día 16 de xaneiro de 2026, e finalizará ás 14:00 horas do día 16 de febreiro de 2026.

Para máis información, consultalo seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/12/18/2025_0000008392.html

 

Comments