Convocatoria dunha praza de Técnico/a de Administración Xeral no Concello de Dozón
O Concello de Dozón vén de aprobar a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de Técnico/a de Administración Xeral, como funcionario/a de carreira.
Segundo a Resolución da Alcaldía nº 2025-0119, do 18 de decembro de 2025, a praza encádrase no Grupo A, Subgrupo A1, na Escala de Administración Xeral, Subescala Técnica, e será cuberta mediante o sistema de oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
As bases completas do proceso selectivo estarán dispoñibles para a súa consulta no Taboleiro de Anuncios do Concello de Dozón e na súa sede electrónica:
👉 https://dozon.sedelectronica.gal/
Esta convocatoria supón unha nova oportunidade de acceso ao emprego público para persoas tituladas interesadas en desenvolver a súa carreira profesional na administración local.




Comments