Ir o contido principal
rede

Aberta a convocatoria da “Rede Cultural 2026” da Deputación da Coruña

A Xunta de Galicia, a través da súa rede informativa de Xuventude, informa da recente publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña das bases reguladoras e convocatoria da Rede Cultural 2026, unha iniciativa destinada a potenciar e difundir a actividade artística en colaboración cos concellos da provincia da Coruña. 

A Rede Cultural ten por obxectivo facilitar que a música, o teatro, a danza, o cine e outras manifestacións artísticas cheguen a todos os municipios, promovendo ao mesmo tempo o uso da lingua galega e os valores de igualdade de xénero. 

Esta convocatoria inclúe catro programas culturais que teñen cabida nos diferentes concellos galegos:

  • ESCENA AO VIVO!, para espectáculos profesionais de artes escénicas, maxia e música.

  • VISIÓNS!, centrado en cinema e contidos audiovisuais.

  • ALICERCE, dirixido a grupos non profesionais de música, danza e teatro.

  • LINGUA A ESCENA!, con espectáculos profesionais orientados á dinamización social da lingua galega. 

As entidades, artistas, compañías e concellos interesados poderán presentar as súas propostas mediante tramitación electrónica a través da sede da Deputación da Coruña, na plataforma SUBTEL. 

A convocatoria conta cun orzamento global de 2.025.000 euros, que se destinarán á contratación e difusión das actividades programadas ao longo de 2026 (e até marzo de 2027). 

Para máis información e acceso ao texto completo da convocatoria, consulta o BOP da Coruña do 19 de decembro de 2025.

Comments