Ir o contido principal
audiovisual

Axudas a festivais do sector audiovisual 2026

Subvencións destinadas ao apoio de certames, semanas e mostras cinematográficas de carácter profesional que se celebren en Galicia durante o ano 2026.

Requisitos

  • Entidades: Persoas físicas e xurídicas privadas domiciliadas en Galicia ou na UE/EEE con actividade en Galicia, e entidades locais galegas.

  • O certame: Debe celebrarse entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026.

  • Traxectoria: Ter realizado un mínimo de tres edicións consecutivas anteriores.

  • Formato: Duración mínima de 4 xornadas e polo menos 20 sesións.

  • Contido: Programación mínima dun 5 % de títulos ou 5 sesións de produción ou dirección galega.

  • Avaliaión: Acadar unha puntuación mínima de 30 puntos totais (10 por bloque) segundo os criterios técnicos.

Plazos

  • O prazo de presentación de solicitudes é de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Solicitudes

  • A presentación será obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento CT215B).

  • Deberase achegar a memoria de actuación, memoria económico-financeira e o anexo de autoavaliación.

Máis información

Comments