Ir o contido principal
deporte

Axudas a entidades deportivas da Illa de Arousa 2025

Convocatoria de axudas económicas destinadas a apoiar a participación en competicións oficiais e o desenvolvemento de actividades ou escolas deportivas durante o ano 2025.

Requisitos

  • Destinatarios: Entidades deportivas sen fin de lucro da Illa de Arousa.

  • Actividade: As actividades ou competicións obxecto da axuda deben levarse a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

  • Normativa: Consultar as bases completas dispoñibles na sede da Fundación.

Prazos

  • O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de decembro de 2025.

Solicitudes

  • A presentación realizarase na sede da Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa (Rúa Palmeira, 25, 36626 A Illa de Arousa).

Máis información

  • Enderezo: Rúa Palmeira, 25, 36626 A Illa de Arousa.

  • Teléfono: 986 52 70 80

Comments