Contratación de persoal de limpeza en Pedrafita do Cebreiro
Convocatoria para a contratación de persoal laboral para cubrir unha praza vacante de limpador/a mediante o sistema de concurso-oposición.
Requisitos
-
Consulta das bases: Os requisitos específicos de acceso e titulación exixidos para a praza atópanse detallados nas bases completas, dispoñibles no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello.
Prazos
-
O prazo de presentación de solicitudes é de 3 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo (publicado o 22 de decembro de 2025).
Solicitudes
-
As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Pedrafita do Cebreiro ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015.
-
Nota importante: No caso de presentarse fóra do Rexistro Xeral do Concello, será necesario adiantar a instancia por fax (982 367 150) antes do remate do prazo para que sexa tida en conta.
Máis información
-
Sede Electrónica: Concello de Pedrafita do Cebreiro
-
BOP de Lugo: Número 292 do 22 de decembro de 2025.




Comments