Sta. Apolonia abre a convocatoria para o Curso Oficial de Monitor/a de Tempo Libre con 25 prazas por edición
A Escola de Tempo Libre Sta. Apolonia, con sede en Santiago de Compostela, vén de abrir a convocatoria para o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, unha formación oficial dirixida a persoas mozas maiores de idade interesadas no eido da educación non formal, o lecer e a dinamización xuvenil.
O curso conta cunha duración de 350 horas, das cales 200 son teóricas e 150 prácticas, e desenvolverase nun réxime mixto, combinando unha primeira fase en liña cunha etapa presencial intensiva con pernocta nas propias instalacións da escola, situadas na rúa Poza Real de Abaixo, 5.
A convocatoria inclúe dúas edicións con datas diferenciadas:
-
Edición 1: fase online do 22 ao 30 de xuño de 2026 e fase presencial do 1 ao 11 de xullo de 2026.
-
Edición 2: fase online do 12 ao 20 de xullo de 2026 e fase presencial do 21 ao 31 de xullo de 2026.
Para participar é preciso:
-
Ser maior de idade.
-
Dispoñer dalgunha das seguintes titulacións mínimas: ESO, Graduado escolar, equivalente ou técnico medio de FP.
-
A inscrición realizarase por orde de rexistro ata cubrir as 25 prazas dispoñibles, cun máximo de 25 participantes por edición.
A documentación requirida para formalizar a solicitude inclúe:
-
Ficha de inscrición.
-
Fotocopia do DNI.
-
Fotocopia do título académico que acredita o acceso.
A formación será impartida por profesorado especializado e con ampla experiencia, entre os que se atopan licenciados en INEF, diplomados en Maxisterio e directores de actividades de tempo libre.
Esta cualificación oficial permitirá ás persoas participantes desenvolver proxectos educativos e actividades de dinamización con infancia e mocidade en campamentos, asociacións, centros cívicos, actividades extraescolares e outras iniciativas de lecer.
As persoas interesadas poden consultar toda a información e descargar os formularios de solicitude na propia Escola de Tempo Libre Sta. Apolonia.
Tfno: 981-520273
www.staapolonia.net
correo@staapolonia.net




Comments