Ir o contido principal

Selección de persoal temporal no Concello de Láncara (Programa Reforzo do Emprego)

O Concello de Láncara convoca a selección de persoal laboral temporal, mediante concurso-oposición, para catro postos de traballo vinculados ao Plan Deputación de Cooperación 25.

Postos convocados:

  • 1 Oficial 1ª albanel (contrato de 6 meses).

  • 1 Oficial Palista (contrato de 6 meses).

  • 1 Oficial Tractorista (contrato de 6 meses).

  • 1 Peón de servizos múltiples (contrato de 6 meses).

Requisitos:

  • Persoas en situación de desemprego.

  • Cumprir coas bases específicas para cada posto (titulación ou experiencia requirida para os oficios indicados).

Prazo de presentación:

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á data de publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo.

Solicitudes e máis información:

As bases e a convocatoria completa poden consultarse nas seguintes ligazóns:

Comments