Ir o contido principal
aluguer

O Concello de Riós abre o prazo para solicitar o aluguer social dunha vivenda municipal

O Concello de Riós vén de aprobar as bases reguladoras para o aluguer dunha vivenda de titularidade municipal, destinada a persoas que precisan acceder a un aluguer social, segundo recolle a Resolución da Alcaldía número 2025-00627, de data 23 de decembro de 2025.

A convocatoria ten como obxectivo o aluguer dunha vivenda situada en San Cristovo nº 10, así como a formación dunha lista de espera para futuras necesidades habitacionais, co fin de facilitar o acceso á vivenda a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.

As persoas interesadas poderán consultar o texto íntegro das bases reguladoras na sede electrónica e na páxina web do Concello de Riós, onde se recollen os requisitos de acceso, criterios de valoración e documentación necesaria.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Con esta iniciativa, o Concello de Riós reafirma o seu compromiso co acceso á vivenda e co apoio ás persoas que atravesan situacións de dificultade económica ou social.

BOP OURENSE

Comments